Resultados

Campionato Galego Xuvenil en Cangas

O vindeiro sábado día 5 de xuño, nas pistas de atletismo do Concello de Cangas, celebrarase o Campionato Galego Xuvenil de pista ao aire libre. A competición celebrarase en xornadas de mañá (de 10.30 a 13.45 horas) e tarde (de 16.30 a 19.20 horas).
Atletas destacados
Entre os atletas que participan no campionato cabe destacar aos atletas incluídos no ranking nacional como son Carlos Porto (Celta.800/1.57.03; 1.500/4.02.39), primeiro e segundo respectivamente. Adrián Estevez (San Narciso.Disco/47,20 m), terceiro. Santiago Navarro (San Narciso. Martelo/56,55 m), terceiro. Luís González (San Narciso.Martelo/53,21 m), cuarto. En canto a mulleres, Jessica Rial (RIA. 400 m v/1.03.24), segunda. Paula Ferreirós (Lucus. Altura/1,71 m), segunda. Belén Toimíl (Narón. Peso/11,74 e Disco/34,49), segunda en ambos. Lida Parada (RIA. Xavelina/ 43,20) primeira. Ana Domínguez (Jandía. Xavelina/40,43) segunda e Rocío Carbia (OAAP.3km marcha/13.43.19), primeira. Atletas inscritos

Compartir: