O lucense Gustavo Pratas e Marta Fernández levaron o triunfo no premio de
pedestrismo de Cangas disputado na mañá de onte no medio do diluvio. Pese ao día infernal que se viviu na capital do Morrazo, na cita tomaron parte uns 700 atletas entre a categoría absoluta e as
de formación.
A carreira masculina estivo en grao sumo apertado co lituano Robertas Geralavicius e o marroquí Hassan Leikhili plantando cara a un Gustavo Pratas (Zakar de Lugo) que soubo rendibilizar o seu
mellor final para quedar co triunfo. Os tres foron marcando o ritmo en carreira en todo momento e pasado o ecuador xa quedaron sos.
A carreira feminina tivo menos historia. Marta Fernández demostrou o seu gran
estado de forma e encabezou unha nova exhibición do Comesaña, que acaparou as catro primeiras prazas, porque detrás da gondomareña entrou Yolanda Gutiérrez, que está realizando unha excepcional
tempada, mentres que Patricia Pereira era terceira e a incombustible Soidade Castro facíase coa cuarta praza.
Antes das dúas carreiras absolutas -homes e mulleres por separado- fóronse sucederon as probas de formación para os máis pequenos. A organización correu a cargo do Vila de Cangas
O lucense Gustavo Pratas e Marta Fernández levaron o triunfo no premio de pedestrismo de Cangas disputado na mañá de onte no medio do diluvio. Pese ao día infernal que se viviu na capital do
Morrazo, na cita tomaron parte uns 700 atletas entre a categoría absoluta e as de formación.
A carreira masculina estivo en grao sumo apertado co lituano Robertas Geralavicius e o marroquí Hassan Leikhili plantando cara a un Gustavo Pratas (Zakar de Lugo) que soubo rendibilizar o seu
mellor final para quedar co triunfo. Os tres foron marcando o ritmo en carreira en todo momento e pasado o ecuador xa quedaron sos.
A carreira feminina tivo menos historia. Marta Fernández demostrou o seu gran estado de forma e encabezou unha nova exhibición do Comesaña, que acaparou as catro primeiras prazas, porque detrás da
gondomareña entrou Yolanda Gutiérrez, que está realizando unha excepcional tempada, mentres que Patricia Pereira era terceira e a incombustible Soidade Castro facíase coa cuarta praza.
Antes das dúas carreiras absolutas -homes e mulleres por separado- fóronse sucederon as probas de formación para os máis pequenos. A organización correu a cargo do Vila de Cangas