Cea de atletas veteranos da Coruña

O vindeiro sábado dia 22 de decembro acontecerá no Casino da cidade herculina a cea anual que os atletas veteranos de A Coruña adoitan facer por estas datas. O acto que tenta ser un punto de encontro e de celebración para este importante colectivo atlético está organizado polo que fora Secretario Xeral da FGA Jenaro Graña Pérez. Todas aquelas persoas que desexen acudir á mesma poderán solicitar máis información chamando ó teléfono deste Federación en horario de 17.00 a 21.00 horas.

Compartir: